ROBERTO ALVITE

Actor, produtor, guionista e director

CV

Abaixo podes ver e descargar o meu curriculum como actor, pero se queres ler a clásica biografía que resuma un pouco todo, aquí cha deixo:

Roberto Alvite (A Coruña, 1989) traballa como produtor executivo, guionista e director en Melgo Cinema, a súa propia produtora audiovisual creada xunto ao seu socio Javier Gálego no ano 2018, coa que crea proxectos variados de ficción que teñen en común unha liña social. A súa ópera prima é As tres caídas de María Santiso, unha curtametraxe de comedia dramática protagonizada por Lucía Veiga en distribución, gañadora do Premio do Público á Mellor Película Galega na súa estrea en Galicia na 41 Semana de Cine de Lugo. A continuación traballa en Postre, unha curtametraxe de suspense protagonizada por Luisa Merelas tamén en distribución; Ti primeiro, unha novela visual romántica protagonizada por Iris Darriba e Roberto Alvite en postprodución; O noso pasar, unha miniserie de fantasía en financiación; e Estelas, unha longametraxe de drama en financiación, a cal conta coa participación da CRTVG.

Diplomado en Educación Social pola Universidade da Coruña, adéntrase no ámbito do audiovisual no ano 2015 para formarse en interpretación, especialmente na escola La Tuerka films con profesores como Daniel Currás, David Serrano ou Jorge Coira. A súa experiencia profesional como actor inclúe películas como Tres, dirixida por Juanjo Giménez, e Elisa y Marcela, dirixida por Isabel Coixet, aparte de series de televisión como Vivir sin permiso, Serramoura e El final del camino. Compatibiliza esta etapa con traballos coma xuíz de oratoria e debate en torneos escolares para TALKK, a Fundación Barrié e a Xunta de Galicia.

Co tempo, inspirado en boa medida pola súa experiencia previa no campo da educación social, decide dar un paso adiante e compaxinar a súa carreira de actor co desenvolvemento de proxectos propios, convencido do potencial da industria audiovisual para, ademais de entreter, invitar ao público a que se posicione sobre realidades do día a día.

É membro dos sindicatos de guionistas ALMA e AGAG, así como da Academia Galega do Audiovisual.

Descargar CV

DATOS PERSONAIS

Residencia: A Coruña

Altura: 1,73 m

Peso: 73 kg

Pelo: castaño escuro

Ollos: mel

Camiseta: M/L

Pantalón: 42

Calzado: 42

LONGAMETRAXES E TV

2020: «TRES». Dir. Juanjo Giménez. Frida Films, Manny Films y M-Films.

2018: “ELISA Y MARCELA”. Dir. Isabel Coixet. Rodar y Rodar, Zenit Televisión e La Nube Películas para Netflix.

2017: “VIVIR SIN PERMISO”. Dir. Miguel Ángel Vivas. Alea Media, Ficción Producciones e Mediaset.

2017: “SERRAMOURA”. Dir. Jorge Saavedra. Voz Audiovisual para TVG.

2016: “EL FINAL DEL CAMINO”. Dir. Miguel Conde. Voz Audiovisual para TVE e TVG.

CURTAMETRAXES E OUTROS FORMATOS

2020: “TI PRIMEIRO”. Dir. Roberto Alvite. Melgo Cinema.

2019: “POSTRE”. Dir. Roberto Alvite. Melgo Cinema.

2018: “AS TRES CAÍDAS DE MARÍA SANTISO”. Dir. Roberto Alvite. Melgo Cinema.

2017: “HOPE MOTEL”. Dir. Clara Artiaga. UDC-Comunicación Audiovisual.

2016: “VICTORIA”. Dir. Rebeca López. UDC-Comunicación Audiovisual.

TEATRO

2017: Microteatro: “IN MEMORIAM”. Dir. Roberto Alvite. 26 FIOT de Carballo.

2016: Microteatro: “ÓPERA PRIMA”. Dir. Daniel Currás. La Tuerka films.

FORMACIÓN CINE E TV

2020: Masterclass: «Years & Years, la profecía de una Europa rota». Dir. Russell T. Davies. VLC Pitch Forum y ALMA.

2020: Mesas audiovisuais con guion. Dir. María del Puy Alvarado, Juana Macías, Alba Flores, Fernando Franco e Tomás Rosón. ALMA.

2018: Construción de personaxe. Dir. Juanma López. La Tuerka films.

2017: Interpretación para cine e TV. Dir. Luis Gimeno. La Tuerka films.

2016-2017: Interpretación para cine e TV. Dir. Daniel Currás. La Tuerka films.

2017: Interpretación para a televisión. Dir. Marta Piñeiro. La Tuerka films.

2016, 2017: Interpretación para comedia. Dir. Jesús Font. La Tuerka films.

2017: Entrenamento audiovisual. Dir. Tonucha Vidal e Javier F. Luna. La Tuerka films.

2016: Interpretación. Dir. David Serrano. La Tuerka films.

2016: Interpretación para cine e TV. Dir. Rosa Estévez. La Tuerka films.

2016: Interpretación para a televisión. Dir. Ozo Perozo. La Tuerka films.

2016: Entrenamento audiovisual. Dir. Andrés Cuenca. La Tuerka films.

2016: Interpretación para a televisión. Dir. Jesús Font. La Tuerka films.

2016: Interpretación para a televisión. Dir. Mariana Carballal. LAV-016.

2015-2016: Interpretación escénica e prácticas en plató. Dir. Marcos Orsi, Tacho González, Jorge Saavedra e Victoria Teijeiro. Voz Audiovisual.

FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

2017: Impro para actores. Dir. Marita Martínez e Lucía Veiga. La Tuerka films.

2017: Interpretación. Dir. Jorge Coira. La Tuerka films.

2017: Interpretación para o teatro. Dir. Ángel Simón. La Tuerka films.

2016-2017: Clown e improvisación. Dir. Carlos Sante. Manicómicos.

2016: Voz e canto. Dir. Paula Rey. SEREA.

2016: Dobraxe. Dir. Chema Gagino. UNO TV-Dreamovie.

2015: Expresión corporal para actores. Dir. Kirenia Martínez. La Tuerka films.

2015: Oratoria, habilidades comunicativas e presentacións eficaces. Dir. Alba Formoso. TALKK.

IDIOMAS

Español: lingua materna.

Galego: lingua materna.

Inglés: C1-CAE (avanzado).

OUTROS DATOS DE INTERESE

Xuíz de oratoria en torneos escolares de debate a nivel autonómico (TALKK, Fundación Barrié e Xunta de Galicia).

Produtor executivo, guionista e director en Melgo Cinema www.melgocinema.com

© 2021 ROBERTO ALVITE

Theme by Anders Norén

Galego