ROBERTO ALVITE

Actor, produtor, guionista e director

PEGADAS

Ilustrado por María Lara Martín

PEGADAS é un cómic dixital e interactivo sobre a desprotección da infancia, de xénero dramático. Trátase dun proxecto escrito, dirixido e producido por min, e ilustrado por María Lara Martín.

O cómic será distribuído no 2024 para PC, con textos en galego, español e inglés.

SINOPSE

Un grupo de nenos e nenas intenta divertirse nun pobo galego que ten na caza unha actividade habitual para parte dos seus adultos. No medio de fogo cruzado entre os seus familiares destaca unha desas nenas, Nerea, tan curiosa como intelixente. A mesma intelixencia leva a Diana, unha muller nova, a percorrer ese pobo loitando por un novo camiño sociolaboral no que ningunha muller se sinta un xoguete en mans de ninguén.

Perseguida polos conflitos do pasado, a memoria colectiva á que se enfrontará Diana será clave para abrir unha nova etapa. O onte e o hoxe fundiranse nun instante que cambiará as súas vidas para sempre.

IMAXES

COA COLABORACIÓN DE

© 2023 ROBERTO ALVITE

Tema de Anders Norén

gl_ESGalego